Blogia
“Una buena lección es una conversación” J. Wagensberg

E o día das letras galegas chegou...

E o día das letras galegas chegou...

...ao noso colexio. Moitos nervios e moito traballo para que o festival saise o mellor posible. As mestras de apoio adornamos a biblioteca con globos e o mural de Novoneyra - mirade que chuliño que quedou- e o conserxe e a limpadora ( sen eles o colexio non funcionaría) axudáronnos a colocar cadeiras e colchonetas. Puxemos unha tarta de gominolas na mesa central e nela o número 147, polos anos que fai que Rosalía escribiu a súa obra Cantares Gallegos. Xunto dela estaba dito libro e a foto enmarcada de Uxío. En homenaxe á primeira LEEUSE o seu poema Airiños, airiños, aires, e ao segundo RECITOUSE o poema Fiandeira Namorada e CANTÁRONSE: Caen as follas e No bicarelo...

 

0 comentarios