TRABALLANDO POR PROXECTOS EN DIFERENTES ETAPAS EDUCATIVAS
Recentemente a Xunta publicou este libro no que se explica o traballo por proxectos nas etapas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria co obxectivo de desenvolver as diferentes competencias básicas que propón a LOE. Adica os seus capítulos a mostrarnos as diferentes posibilidades que temos para facelos: como introducilos e as maneiras de facelo, as fases polas que pasará, a duración que pode ter, as técnicas e instrumentos susceptibles de empregar, as posibles fontes de búsqueda de información, o traballo con esta, os roles que desempeñará o alumnado e profesorado, a súa avaliación...
Pode que agora non teñades tempo con esto de estarmos rematando o curso, pero recoméndovolo para verán
0 comentarios