Arte e música para Novoneyra
Unha vez vistas as actividades do seminario Galán, as actividades lim e os contos adaptados, é hora de pórlle música e colorido ao noso autor. Neste caso vos presento este poema seu que traballarán algunhas aulas do noso cole; a música e a voz veñen da man de Emilio Cao :
"Caen as follas...
sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca.
E chove pra que eu soñe, pra que eu soñe,
fala a tarde baixiño."
Por outra banda, colocaremos tamén este mural na entrada do centro. Agora parece un pouco apagado, pero xa veredes o resultado final!!!!! As mestras cortaron o mural en moitos anaquiños que numeraron e entregaron ao azar nas clases. Cada nen@ coloreou libremente o seu e a semana que vén pegarannos por quendas formando un puzzle xigante construído por tod@s!!!
0 comentarios