Blogia
“Una buena lección es una conversación” J. Wagensberg

Caligramas a man....ou a máquina

Caligramas a man....ou a máquina

A semana pasada cando fun a escola de idiomas atopei nos taboleiros uns bonitos carteis sobre Uxío Novoneyra nos que, ao falar da súa poesía, destacaban o fonosimbolismo e os CALIGRAMAS; así escribían sobre estos últimos:

"Entroncan cunha tradición literaria chinesa, coa escritura ornamental árabe e cos graffitis actuais. Esta faceta reintroduciuna na literatura galega Uxío Novoneyra. Para interpretalos, hai que se fixar no simbolismo gráfico."

Simplificando a idea, sería poesía en forma de imaxe... unha excelente forma paratraballala cos nen@s!!!Hai moitas posibilidades para crealos. Aquí vouvos presentar dúas:

Por ordenador: cun programa fantástico de Educared sobre poesía visual. Como ten moitas actividades ( metédevos en todas!!!), se queredes ir directos a caligramas pinchade aquí e na paleta de pintor que vos aparecerá picade en PINTA CON LETRAS.

A man: é máis rápido e o poden facer simultáneamente varios nen@s.  Como? Empregando a técnica de calcar no cristal da ventá. Se colocades no cristal unha imaxe sinxela debuxada nun folio (que serán as líneas que queredes que sigan) e poñemos outro folio en branco enriba, eles poderán trazar as letras guiándose polos caminiños. (Podedes ver esta simple, pero xenial idea no blog cousas de peques)

Polo que puiden ver,  algúns centros están a realizar moitas actividades sobre eles, como o Concurso de caligramas Uxío Novoneyra, no IES Camilo Jose Cela de poemas do libro Os Eidos ou no cole de Belesar.

Veredes máis caligramas en EducaMadrid, no Periódico escolar de Hijar ou en Picassin, revista dixital do cole Pablo Picasso

0 comentarios